Cristian Muíño e Marinela Mallo gañan a Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras 2015
- DEPORTES | MLC | Concello de Teo
- 20 abr 2015
- 2 Min. de lectura
A Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras 2015, disputada este domingo, tivo como gañador absoluto a Cristian Muíño, corredor de Coristanco do Club Deportivo Muditos Costa Da Morte, quen culminou os 11.000 metros da proba nun tempo de 38 minutos e 30 segundos. A gañadora feminina absoluta foi Marinela Mallo de Ames, quen fixo un tempo de 47 minutos e 30 segundos

Na categoría absoluta, tras o gañador, Cristian Muíño, entrou en segunda posición, Manuel Vieites, deportista de Cuntis pertencente ao Ourense Atletismo Academia postal. En terceira posición chegou á meta Miguel Cabo, veciño de Ames, do club Atletismo Milladoiro.
Na clasificación feminina, tras a gañadora Marinela Mallo, a segunda praza acadouna Eva Isabel Babiano, corredora independente. O podio feminino completouno Lara Buig, corredora de Boiro.
As diversas categorías nas que se dividía esta carreira absoluta completaron os pódiums desta proba. Así na categoría Júnior-Promesa o primeiro clasificado foi Adrián Iglesias, seguido de Cristian Penas e David Ardións. Na categoría sénior os tres primeiros postos foron para José Manuel Iglesias, Miguel Iglesias e Manuel Rey, entre os homes, e Teresa Carneiro, Ángeles Pereira e Gloria María Prada, entre as mulleres. Nas categorías de veteranos venceron José Carlos Buján e María José Grobas na categoría A, José Suárez e Ana María Suárez na B e Ramiro Pérez e María Rodríguez na C.
O concelleiro de Deportes de Teo, Anxo Rey, encargouse da entrega dos premios e trofeos da carreira e salientou a elevada participación que se rexistrou, "uns 180 inscritos nas categorías adultas e case 400 nas categorías escolares". O edil de deportes agradeceu tamén a colaboración de diversas entidades neste evento deportivo. Ademais dos gañadores absolutos, os atletas teenses clasificados en primeiro lugar na súa respectiva categoría tamén recibiron un trofeo e un bono de 3 meses de abono á Piscina municipal cuberta da Ramallosa.
En canto ás categorías escolares, en pitufos, os gañadores foron Martí Miguens e a teense Claudia Castro. En prebenxamín, as victorias foron para Nuno Castro e para a tamén teense Lía Bóveda. En benxamín, o gañador masculino foi Yago iglesias e Sofi Dodman a feminina. En canto aos alevíns, venceron o teense Rodrigo Méijome e Xiana Brea.
No que respecta á categoría infantil, resultaron gañadores Sergio Carballal e María Ángel Ruíz. En cadetes, gañaron Alejandro Silva e a atleta de Teo Patricie Viadel. E en xuvenís, triunfos de Yassine Bassami e Rosalí Rodríguez-Gigirey.
A carreira tamén distinguiu o centro escolar con máis participantes, o CEIP A Ramallosa e ao mellor equipo, o Noitebra F.C.
Comentarios