Buscar
"Fantasmas na auga", poema de Josefa Costa
- Recuncho do lector | Josefa Costa
- 20 abr 2015
- 1 Min. de lectura
"Fantasmas na auga", de Josefa Costa
O mar axitado ,xélido , salvaxe
golpea as almas amontoadas.
A pateira verte a inquietude a auga.
Só é materia que xa non se queixa.
Os lamentos quedan na beira allada,
nas súas xentes fieis que choran a falta.
Agora a profundidade da auga garda
as atroces ansias
dos famentos que arriscaron a súa vida
por unha esperanza
e na superficie flotan as pateiras...
cargadas con bágoas,
con virus mortais...
lanzarán chamas...
e nelas caerán os ricos que hoxe calan.

Comments