O PP de Teo presenta a Antonio Reyes Sánchez, o número dous do partido encabezado por José Manuel Gu
- POLÍTICA | RSR | PP de Teo
- 20 abr 2015
- 1 Min. de lectura
Segundo o propio partido, o novo equipo caracterízase “pola renovación e a alta presencia de mocidade”

O Partido Popular teense presenta aos primeiros compoñentes da súa listaxe para as eleccións de maio, que representa unha “firme” aposta de José Manuel Guerra “pola renovación xeneracional e por perfiles de profesionais especializados”, sobre todo no campo social.
Deste xeito, como número 2 dos populares, incorpórase Antonio Reyes Sánchez, licenciado en psicopedagoxía e mestre en Ed. Primaria. Conta tamén cun Máster en Organización de Servizos de Orientación e é colaborador en diversos medios de comunicación e autor do blog educativo “Gigas de tiza”.
A listaxe continúa con Sofía Ferreiro, Graduada Social, como número 3; Julio Retis, médico do SERGAS, como número 4; María Vázquez, Presidenta das Novas Xeneracións de Teo, como número 5; Nacho Arroyo, número 6; Dolores Nariño, número 7; Teresa Castro, número 8; Enrique Salmonte, número 9 e José Mera como número 10. Defínense como un equipo “audaz, de persoas preparadas, capaces de afrontar as responsabilidades do goberno municipal”, segundo palabras do Partido Popular teense.
Comments