Buscar
Ábrese o prazo de inscrición para o campamento xuvenil de verán
- OCIO | RSR | Concello de Teo
- 20 abr 2015
- 1 Min. de lectura
As solicitudes poderán presentarse dende hoxe, 20 de abril, até o 4 de maio

O Concello de Teo abre hoxe o prazo para a inscrición no campamento xuvenil de verán, dirixido a nenos e nenas de entre 12 a 16 anos e que terá lugar no albergue de Santa Cruz de Oleiros entre os días 3 e 12 de agosto.
O número de prazas dispoñibles para este campamento é de 49, máis 5 reservadas a persoas en situación de emerxencia social. As prazas outorgaranse por orde de entrada da solicitude, que pode descargarse na páxina do Concello e deberá entregarse no Rexistro Xeral antes do 4 de maio.
O día 8 de maio publicarase o listaxe de admitidos, quen terán que aboar o custe da actividade, de 100 euros, durante a primeira quincena de xuño.
Comentarios