top of page

Os populares reúnense con Beatriz Mato para organizar obradoiros de emprego en Teo

  • POLÍTICA | MLC | PP de Teo
  • 21 abr 2015
  • 2 Min. de lectura

O líder dos populares de Teo, José Manuel Guerra, mantivo unha xuntanza coa Conselleira de Traballo no Parlamento Galego, Beatriz Mato

José Manuel Guerra con Beatriz Mato

Segundo informa o PP de Teo mediante unha nota de prensa, o candidato popular, José Manuel Guerra, vén de manter unha xuntanza coa conselleira de Traballo, Beatriz Mato, "co obxecto de avaliar a posta en marcha en Teo das liñas de apoio á empregabilidade previstas polo departamento autonómico".


A reunión, que se celebrou en San Caetano a finais da pasada semana, "responde ao desexo da candidatura de Guerra de avanzar na proposta dun paquete de medidas integrais para as persoas en situación de desemprego residentes no municipio".


Ademais, o líder dos populares estivo acompañado na xuntanza por compañeiros de equipo responsables de asuntos sociais. Na reunión, e segundo afirman dende o PP de Teo, conseguiuse o compromiso da concelleira de Traballo para "organizar en Teo obradoiros de emprego" unha liña de acción ofertada pola Xunta que, aseguran, "nunca foi solicitada polo goberno local durante a presente lexislatura". Asemade, o candidato popular valorou a oportunidade de ofrecer no municipio plans de acción formativa para persoas desempregadas, AFD.


José Manuel Guerra califica de “grave irresponsabilidade” que o goberno de Martiño Noriega teña deixado pasar oportunidades como estas para mellorar a empregabilidade en Teo “e contribuir dende o goberno local, en coordinación coa Xunta, a solucionar un problema que afecta a numerosas familias do municipio”.


Dende o Concello denuncian que sempre se lles denegaron os plans AFD


Pola súa parte, dende o Concello informan de que "se teñen demandado plans de accións formativas para desempregados (AFD) e sempre se nos denegaron dende a Consellería". Dende o equipo de goberno remarcan ademais que "os obradoiros de traballo requiren duns locais adaptados ás necesidades dos cursos, pero como sempre se nos denegaron, non levamos a cabo a adaptación de ningunha instalación".



 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page