top of page

Este sábado celébrase a fase final do II Certame de Canción de Autor en Galego

  • CULTURA | MLC | Concello de Teo
  • 23 abr 2015
  • 1 Min. de lectura

O II Certame de Canción de Autor en Galego 'Concello de Teo' celebra a súa gala final este sábado día 25 de abril ás 20:00 horas no CSC A Ramallosa

Cartel

Esta derradeira fase do concurso contará con 8 finalistas de “grande calidade”, tal e como afirma o director artístico do dito Certame, Xoán Curiel. A cita será ás oito do serán no Auditorio da Ramallosa e a entrada é de balde. Ademais, o público terá un papel moi importante, xa que será quen outorgue o accésit á mellor canción e á/ao mellor artista.


Na gala, os oito finalistas: Sofía Espiñeira, Laura Iglesias, Noé Subiela, Isis, Pilar Martínez, Lucía da Fonte, Sandra Tenreiro e Umbra, disporán de oito minutos para defenderen a súa actuación, estilo e calidade.


Desde a organización animan a calquera persoa interesada a se achegar á xornada decisiva do concurso, que se converterá nunha "festa da música e a palabra". A gala terá unha duración aproximada de dúas horas.


O premio ao gañador ou gañadora será, entre outros, a gravación dun EP. Ademais, a vencedora ou vencedor disporá dunha serie de concertos e de promoción na prensa. Tanto para os que chegaron á final como para os que non, Xoán Curiel mostra a súa "satisfacción" porque estes traballos "serviron para visibilizar os e as creadoras noveis do noso país".

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page