top of page

Grandes resultados para o karate teense no Campionato Galego de Clubs

  • DEPORTES | RSR | CSF Teo
  • 23 abr 2015
  • 1 Min. de lectura

O club de Teo foi un dos máis destacados na competición cun balance final de dous ouros, unha prata e dous bronces

Imaxe: CSF Teo

O pasado domingo 19 de abril celebrouse na localidade de As Pontes o Campionato Galego de Clubs, no que participaron karatecas do San Francisco Teo.


O papel dos karatecas do club teense foi dominante, conseguindo cinco das oito medallas posibles. O club participou dentro das modalidades de kumite e na categoría cadete – junior, tanto con equipos femininos como masculinos.


Salientaron as medallas dos equipos femininos, onde o equipo formado por Ana Belén Lobato, Silvia Lobato e Elvira Vilá rematou o campionato coa medalla de ouro tras enfretarse ás súas compañeiras Isabel San Martín, Andrea García e María Moure, que conseguiron a prata.


Por outra banda, o equipo composto por Paula Garabatos, Paula Caramazana e Andrea Fandiño obtivo a medalla de bronce.


Pola súa parte, o equipo cadete – junior masculino conseguiu outras dúas medallas máis para o club teense, da man do equipo formado por Xavier Santos, Santiago Nande e Jacobo Veiga, que obtiveron o ouro nunha emocionante final co ESK de Narón e pola parte do grupo integrado por Gonzalo Veiga, Lucas Febrero e Pablo Ferradás, que culminaron a competición cun terceiro posto.


 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page