O PSdeG de Teo presenta mañá a súa candidatura para o 24M
- POLÍTICA | MLC | Agrupación Socialista de Teo
- 23 abr 2015
- 1 Min. de lectura
O acto de presentación da candidatura socialista terá lugar o venres 24 de abril, no local da Asociación Gandeira e Agrícola de Cacheiras, ás 20:30 horas

No acto de presentación intervirán Roberto Moñino, número 2 da candidatura; Paula Fernández Pena, senadora e ex-alcaldesa de Silleda, e a candidata á alcaldía, Uxía Lemus.
Segundo o PSOE de Teo, a formación "encara" con esta candidatura "unha nova etapa no súa historia, cun novo proxecto e cun equipo renovado ao 60% con respecto ao do ano 2011, que sube ao 70% nos primeiros 10 postos da lista".
Destaca o cambio do candidato, xa que resulta ser a primeira candidatura de calquera partido á Alcaldía de Teo que está encabezada por unha muller.
Uxía Lemus, de 38 anos, doutora en Ciencia Política e funcionaria de Administración Local na área de Urbanismo, está acompañada na listaxe "por un equipo de xente con experiencia en cada unha das áreas de xestión municipal".
Na presentación da candidatura, que se celebrará mañá venres 24, os socialistas tamén exporán "os principais puntos tanto dunha renovada forma de facer política municipal como dun ambicioso proxecto de futuro para o concello de Teo".
Comments