top of page

"A trabe de Ouro" presenta o seu número 100

  • CULTURA | MLC
  • 24 abr 2015
  • 1 Min. de lectura

O director da publicación, Xosé Luís Méndez Ferrín, o editor, Olegario Sotelo Blanco, o membro do Consello de Redacción, Francisco Fernández Rei e o alcalde de Teo, Martiño Noriega Sánchez participaron no acto de conmemoración do número 100

IMG_3885.JPG

O pasado xoves 23, ás 20:30 horas, presentouse na Mediateca do Grilo, en Cacheiras, a publicación número 100 da revista de pensamento crítico "A trabe de Ouro".


No número cen, que corresponde aos meses de outubro, novembro e decembro de 2014, a revista ofrece colaboracións conforme ao seu formato habitual, incluíndo ensaios de pensadores relevantes xunto con investigacións sobre diversos temas, e en concreto, referidos a diferentes aspectos da cultura galega.


Nesta ocasión, "A Trabe de Ouro" inclúe no seu inicio artigos de Alain Badiou ou Edwar W. Said canda un achegamento á figura de Luís Iglesias de Manuel R. Bermejo, e mesmo a publicación de aforismos inéditos de Otero Pedrayo por Manuel Outeiriño. Xosé Luís Méndez Ferrín, director da publicación, escribe nesta publicación tan especial o artigo “O Padre Feixóo e o conflito ideolóxico no Ourense decimonónico”.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page