top of page

O BNG de Teo lembra aos mártires da Batalla de Cacheiras

  • POLÍTICA | MLC | BNG de Teo
  • 24 abr 2015
  • 2 Min. de lectura

O BNG de Teo celebrou un ano máis o acto de lembranza da Batalla de Cacheiras, no monumento conmemorativo da Asociación O Grelo-Amigos de Galicia, no que participaron o candidato á alcaldía, Manuel Anxo Fernández Baz, e varios membros da candidatura do BNG Asembleas Abertas ao concello de Teo

Manuel Anxo Fernández Baz, candidato á alcaldía polo BNG-AA

Durante o acto, Manuel Anxo Fernández Baz, narrou a historia da Batalla de Cacheiras, "episodio que puxo punto e final á Revolución galega de 1846 na que Galiza pasou a ser vangarda europea, reclamando os dereitos como pobo colonizado, demandando unha república galega e defendendo o dereito a vivir dignamente. Estas demandas seguen sendo a bandeira do nacionalismo galego".


Fernández Baz tamén sinalou que "o movemento revolucionario tiña como obxectivo rematar coa marxinación de Galiza e recuperar a unidade política que se perdera en 1833 coa división dos territorios do antigo Reino". E aínda hoxe en día continúa a combarterse "aquel deseño institucional representado polas deputacións como entes caciquís ao servizo do centralismo castelán".


"As demandas dos revolucionarios foron respostadas desde Madrid co envío de tropas, o que provocou un conflito armado que chegou ao seu cenit o 23 de abril de 1846. Tres días despois, doce oficiais do exército galego foron asesinados en Carral, os coñecidos como os Mártires de Carral".


Ademais, o candidato á alcaldía do BNG-Asembleas Abertas, animou a “recoller a bandeira dos bós e xenerosos para ser a vangarda nos concellos, pois só depende de nós, de todos e cada unha de nós.”


Por outra banda, o líder dos nacionalistas teenses salientou que “Teo precisa do BNG para recuperar a iniciativa, para afondar na transformación iniciada en 2007 e paralizada en 2012 por razóns axenas aos teenses, co obxectivo converter Teo nun concello para vivir, humanizado, con servizos públicos de calidade, absolutamente transparente, participativo e nun concello que conte coa mocidade.”


Manuel Anxo Fernández Baz tamén subliñou que “non se pode depender das ocorrencias de quen ten que xustificar as súas ambicións, nin tampouco caer na trampa dos lobos con pel de cordeiro, que unicamente pretenden enganar para chegar, e logo levar a Teo na máquina do tempo para a época do escurantismo, da desfeita urbanística, antepoñendo os intereses ás persoas. Dín que queren Teo, pero o único que queren é apropiarse de Teo.”


O candidato á alcaldía do BNG-Asembleas Abertas rematou o acto de homenaxe remarcando "as leccións da revolución de 1846, que son: vangarda, autodeterminación; dereitos sociais e forma republicana. En definitiva, dignidade e fortaleza para ter futuro".

 
 
 

Comentários


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page