top of page

O Concello denuncia que a Xunta de Galicia lle denega as solicitudes de cursos de formación a desemp

  • POLÍTICA | MLC
  • 24 abr 2015
  • 2 Min. de lectura

O equipo de goberno emite un nota de prensa ante as acusacións do Partido Popular, que aseguran que dende o Concello "nunca se solicitaron obradoiros de emprego durante a presente lexislatura"

Imaxe

Segundo informan dende o Concello, "as políticas de emprego dos últimos anos do PP no goberno do Estado e na Xunta de Galicia levounos a que Galicia sexa unha das rexións europeas cunha taxa de paro superior á media, e aquí que dende comezos de ano se destruiran máis de 12.000 postos de traballo".


Conscientes de que este é o problema máis grande ao que se enfrontan as persoas, o grupo de Goberno local informa de que se realizaron "tres solicitudes de accións formativas dirixidas a traballadores e traballadoras desempregados, sendo desestimadas pola Xunta de Galicia".


A última destas solicitudes, segundo o consistorio, do ano 2012, consistía en dúas propostas: "recepción en aloxamentos, e Operacións básicas de pisos en aloxamento". A proposta incluía "a utilización das instalacións do Hotel Congreso en réxime de alugueiro. Mais, como as anteriores, foi denegada".


Dende a corporación municipal denuncian que sexa o Partido Popular quen acuse ao Concello de Teo da alta taxa de desemprego, cando "foi o PP quen utilizou a desesperación da xente pola falta de traballo para facer que sexa legal traballar todas as horas que queiran as empresas por 650 euros".


Ademais, dende o grupo de goberno critican que "durante a campaña electoral, o PP de Teo non ten tempo para contrastar os datos e cren o conto que lles conta a Concelleira de Traballo, que o único que fai é botar balóns fóra".


Así mesmo, dende o consistorio, reclaman que o Partido Popular de Teo "asuma a súa parte na desfeita do desemprego, no Estado en xeral e en Galicia en particular".

 
 
 

Comentarios


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page