top of page

José Manuel Guerra: "Temos un equipo para gañar, no sentido de conseguir investimentos para un

  • POLÍTICA | MLC
  • 25 abr 2015
  • 2 Min. de lectura

O Partido Popular de Teo celebrou onte a presentación da candidatura coa que concorrerá ás eleccións do 24 de maio

Imaxe: Presentación candidatura PP de Teo

A encargada de abrir o acto foi Mª de las Mercedes Souto Abeijón, concelleira do PP de Teo, quen agredeceu en primeiro lugar "todo o traballo feito durante estes anos" a José manuel Guerra e salientou a oportunidade que teñen os teenses con esta candidatura para "mellorar o noso concello e facer de Teo un lugar para vivir".


A continuación, o candidato á alcaldía do PP de Teo, José Manuel Guerra, comezou o seu discurso reivindicando que en Teo "non pode haber veciños de primeira e veciños de segunda; non pode haber veciños sen acceso ao transporte, veciños sen emprego nin estradas mal asfaltadas".


Co obxectivo de mellorar Teo, o líder dos populares salientou que "sumamos ao noso equipo xente xoven, que unida ás persoas con recoñecida experiencia coas que contamos, formamos un equipo audaz de persoas preparadas, capaces de afrontar as responsabilidades do goberno municipal".


Ademais, Guerra sinalou que o seu equipo fará "política mirando aos ollos dos veciños" e que son conscientes de que "arreglar a desfeita que nos deixan, que é moi grande, é un traballo que conlevará as vintecatro horas do día, unha entrega permanente".


De seguido, Rosa Quintana, Conselleira de Medio Rural e Mar, salientou que dende a candidatura do PP de Teo representan o que é a esencia do Partido Popular, "xente que traballamos pola defensa dos nosos veciños". Quintana tamén quixo recoñecer o esforzo das persoas que conforman a candidatura popular pese aos escándalos de corrupción relacionados coa formación e aclarou que "somos os primeiros que lles dicimos "fóra" aos que o fan mal".


Quintana tamén manifestou que "non podemos consentir que un alcalde como Martiño Noriega deixe Teo como o deixa" e sinalou que "no Partido Popular non contamos con xente coma esta, que só quere o poder polo poder, sen preocuparse de se deixa Teo arranxado ou non".


A Conselleira Popular tamén deixou constancia na súa intervención de que "José Manuel Guerra, por moito que nos escoite e por moito que queira cambiar Teo, necesita unha maioría absoluta para poder gobernar" e instou aos asistentes a mobilizar aos seus "amigos, familiares e veciños a apoiar a José Manuel Guerra o próximo 24 de maio".

Quintana rematou a súa intervención sinalando que "necesitamos que o Concello de Teo volva a ser o que foi algún día".


O acto rematou coa presentación da listaxe completa do Partido Popular de Teo para as eleccións de maio.


1. José Manuel Guerra Calvelo

2. Antonio Reyes Sánchez Crespo

3. Sofía Ferreiro Gaspar

4. Julio César Retis Vázquez

5. María Vázquez Rey

6. Ignacio Manuel Arroyo Font

7. María Dolores Nariño Facal

8. María Teresa Castro Famil

9. Enrique Salmonte Castro

10. José Manuel Mera Sánchez

11. José Manuel Carballal Mourelos

12. Manuel Benito Alfonso Martínez

13. Natalia Salgueiro Loureiro

14. María Isabel Rey Ameijeiras

15. María Margarita Rosende Martínez

16. Jorge Sisto Vaamonde

17. María Teresa Cabo Souto


Suplentes:

1. José Albino Vázquez Pallas

2. Carmen Isabel Leborán Guldrís

3. Nélida Rey Tato

4. Francisco José Godoy Iglesias

5. Susana Campos Pardal

6. Manuel Blanco Cuns

7. María Belén García Castro

8. Raquel Rivas Mariño

9. María Teresa Silva Tarrío

10. José Antonio Garea Gil

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page