Silencio do Partido Popular de Teo ante un debate público entre candidatos
- POLÍTICA | MLC
- 27 abr 2015
- 1 Min. de lectura
A voceira do PSdeG de Teo, Uxía Lemus, manifestou durante a presentación da candidatura socialista que xa recibiu o apoio do BNG e ANOVA

O Partido Socialista de Teo propuxo hai máis de dous meses a celebración dun debate aberto ao público entre todos os candidatos á alcaldía de Teo. O debate, segundo os socialistas, sería unha oportunidade para que "a cidadanía poida coñecer de primeira man cales son as propostas e proxectos" de cada un dos candidatos, ademais dunha forma de "confrontar opinións".
De todos xeitos, semella que este debate entre todos os candidatos á alcaldía de Teo pode contar con algunha ausencia, a do candidato popular José Manuel Guerra. Segundo Lemus, "temos o sí do BNG e de ANOVA, e tamén temos un destes silencios clamorosos, dos que provocan dor de oídos, silencio total e absoluto do PP".
Ademais, a voceira dos socialistas, afirmou descoñecer as razóns polas que o candidato popular e o seu equipo rexeitarían a celebración dun debate público e aberto, razóns que segundo Uxía Lemus "nunca serán superiores ás esixencias da cidadanía".
Aínda así, as demais forzas políticas afirman que o debate se celebrará, aínda que sexa coa ausencia dos populares.
Comments