top of page

Sofía Espiñeira gaña o II Certame de Canción de Autor en Galego ‘Concello de Teo’

  • CULTURA | MLC | Imaxes: Juan Luís Rúa
  • 27 abr 2015
  • 2 Min. de lectura

A cantautora compostelá, que xa participara na primeira edición do Certame, conseguiu gañar o premio do xurado

Imaxe: Juan Luís Rúa

A compostelá Sofía Espiñeira foi a vencedora da segunda edición do Certame de Canción de Autor en Galego 'Concello de Teo'. O director artístico do evento, Xoán Curiel, salientou que o xurado tivo un labor “difícil” polo “elevado nivel” dos oito artistas que chegaron á fase final do concurso. Pola súa banda, Pilar Martínez fíxose co accésit á mellor canción, titulada "Pensando en Ti", mentres que a propia Sofía Espiñeira gañou tamén o premio do público á mellor artista.


Carme Hermida, concelleira de Cultura e membro do xurado, destacou que Sofía Espiñeira gañou o certame “por ter sabido tocar un instrumento, a guitarra e, ao mesmo tempo, ser quen de focalizar tamén a atención na súa voz”.


Ademais de Hermida, formaron parte do xurado Najla Shami, unha das artistas galegas máis coñecidas, representando á parte artística; Juan Torreiro, en representación da prensa especializada e Inés Portela, xestora cultural en Mada Producións, representando as industrias culturais.


Como premio, Sofía Espiñeira vai ter a posibilidade de gravar un EP. Ademais, disporá dunha serie de concertos e de promoción dese primeiro traballo discográfico, así como un ano de socia na Asociación de Músicos ao Vivo.


Sofía Espiñeira, gañadora do II Certame de Canción de Autor en Galego


Esta compostelá está vinculada ás artes escénicas desde moi nova. O seu primeiro contacto coa formación musical foi no conservatorio, onde estudou catro anos e obtivo o grao elemental co clarinete como instrumento. Despois, e xa de maneira autodidacta, comezou coa guitarra e o acordeón.


Actualmente posúe alta formación noutras artes escénicas como a danza contemporánea, claqué, teatro, clown, circo e nocións de danza africana. Ademais, está a se iniciar no mundo da nosa música tradicional coa aprendizaxe da pandeireta. Ten realizado varios concertos en distintos locais como cantautora. Comezou a compoñer ao redor dos dezaseis anos.


Imaxe: Juan Luís Rúa

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page