top of page

O PSdeG de Teo denuncia que a diminución do déficit de caixa da que presume o goberno local non é re

  • POLÍTICA | MLC | Agrupación Socialista de Teo
  • 28 abr 2015
  • 2 Min. de lectura

Segundo un informe da Intervención Municipal, a diminución do remanente de tesouraría para gastos xerais, non se pode "considerar real" xa que no 2014 non se recoñeceron obrigas coa empresa concesionaria do servizo da auga

Fragmento do Informe de Intervención. Fonte: PSdeG de Teo

Hai escasas semanas, o goberno de Martiño Noriega e Rafael Sisto informaban publicamente dos resultados da liquidación do orzamento municipal do ano 2014, sinalando unha suposta diminución do remanente de tesourería nunha sexta parte do que había no ano 2011.


Unha vez obtida dita liquidación pola concelleira socialista, observamos que en palabras da propia interventora do Concello, na páxina 13 do informe, esta melloría “non se pode considerar real” xa que no ano 2014 non se realizou ningún pagamento á empresa concesionaria Viaqua, SA polo servizo de abastecemento e saneamento de auga, en espera da liquidación do contrato.


Dende o PSdeG de Teo, sinalan ademais que no ano 2012 as obrigas coa empresa concesionaria ascenderon a 1.136.924,71 euros e no ano 2013, a 1.071.846,65 euros, conforme aos datos oficiais das Contas Xerais do Concello.


A propia interventora volta a reiterar na páxina 15, que o Remanente Líquido de Tesourería para gastos xerais, ou déficit acumulado de caixa “todavía é cuantioso e negativo, e non é unha cifra realista tendo en conta que figura pendente a liquidación do contrato con Viaqua”.


O documento completo da liquidación, onde se recolle tamén a cifra da débeda total do Concello, que entre bancos e administracións públicas, ascende a 2.672.343,37 euros (mais de 444 millóns das antigas pesetas), está colgada na páxina web do PSOE de Teo.


A candidata Uxía Lemus sinala que “se procedeu a recoller esta liquidación na web da agrupación socialista de Teo, xa que na web municipal o último dato económico reflectido son os orzamentos do ano 2008. Agora que todos estamos a falar de transparencia, algúns, que xa levan moito tempo en cargos de responsabilidade pública, deberían ir pensando en exercela”.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page