top of page

Pechan o patio de recreo do CEIP A Ramallosa

  • EDUCACIÓN | MLC
  • 28 abr 2015
  • 1 Min. de lectura

Despois de anos reclamándoo, a comunidade de nais e pais do CEIP A Ramallosa, xunto co apoio do ANPA Río Tella, conseguiron levar a cabo esta medida

Imaxe: ANPA Río Tella

Dende hai anos, a comunidade de nais e pais do CEIP A Ramallosa a través do ANPA Rio Tella, estaban a demandar o illamento da zona de recreo do CEIP da zona de aparcadoiro destinada ao persoal do Centro.


Neste curso 2014/2015, mediante aprobación no Consello Escolar, púidose proceder ao peche mediante un valo metálico e unha porta corrediza de acceso entre as dúas zonas.


A obra foi sufragada ao 50% entre o Concello de Teo e o ANPA Rio Tella. A decisión de apoiar economicamente esta obra foi secundada por maioría nunha reunión do ANPA.


Dende o ANPA Río Tella queren agradecer ao CEIP A Ramallosa e ao Concello de Teo o apoio mostrado nesta solicitude.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page