Buscar
Alumnos dos colexios teenses participan no Campionato de Escolas Deportivas de Patinaxe Artística
- DEPORTES | MLC | ANPA Río Tella
- 29 abr 2015
- 1 Min. de lectura
Ao campionato acudiron os alumnos e alumnas das Escolas Municipais de Patinaxe Artística da Ramallosa, Os Tilos e Calo

Segundo informan dende o ANPA Río Tella, durante o pasado domingo 26 de abril, o Club Patín Oroso organizou o Campionato de Escolas Deportivas de Patinaxe Artística, celebrado no Pavillón Juanito Amigo de Sigüeiro, en Oroso.
A cita deportiva contou con ampla representación de participantes do Concello de Teo, xa que a ela acudiron alumnas e alumnos das Escolas Municipais de Patinaxe Artística da Ramallosa, Os Tilos e Calo.
Comments