top of page

O PP de Teo facilitará a incorporación da mocidade á actividade agraria

  • POLÍTICA | MLC | PP de Teo
  • 29 abr 2015
  • 1 Min. de lectura

Esta acción estará enmarcada no plan integral Emprega Teo, a través do cal se asesorará ás persoas desempregadas e se apoiará a creación de novas empresas

Imaxe: PP de Teo

O líder dos populares de Teo, José Manuel Guerra, mantivo recentemente unha reunión coa Conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, onde analizaron as posibilidades reais que teñen os mozos emprendedores para colocar no mercado os produtos hortícolas que poden producirse nos campos teenses, no marco da actual conxuntura de altísima demanda dos produtos da horta galega polos grandes distribuidores de alimentos e as cadenas de supermercados.

O modelo, segundo os populares, xa ten un precedente de éxito en Teo, onde unha pequena explotación de Oza, especializada en produtos de alta cociña, "resulta ser un referente a seguir".

Segundo o PP de Teo, a Consellería "facilita á mocidade as condicións para a súa incorporación á actividade agraria, mediante diferentes liñas de axudas específicas destinadas a persoas de entre 18 e 39 anos así como outras dedicadas á modernización das explotacións".


Entre as súas prioridades programáticas, José Manuel Guerra desenvolverá o Plan Integral Emprega Teo, no que se fomentará a participación, formación e emprego da mocidade. A través del, cada persoa que queira participar, terá á súa disposición un itinerario individual, integral e adaptado ás súas necesidades, expectativas e nivel de formación.


Este programa de emprego xuvenil, segundo a formación popular, "pretende asegurar que todas as persoas mozas poidan facer prácticas profesionais en empresas locais, unha vez rematen os seus estudos, coa finalidade de adquirir experiencia e maior competencia".

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page