top of page

Queremos que Teo volte ser o que foi?

  • OPINIÓN | Iván Tourís
  • 29 abr 2015
  • 5 Min. de lectura

Queremos que Teo volte ser o que foi?

Imaxe: concellodeteo.com

O tempo pasa, iso non hai ninguén que poida debatilo nin confrontalo, e para o noso Concello tamén o fai. Se tornamos a vista atrás, recordamos un Teo no que as cousas se facían porque sí e pola vontade de moi poucos. Onde se ían facer ou desfacer cousas por obra e mandato, sen saber nada do que ía custar, a repercusión que tería, os beneficios ou non para a veciñanza. Onde había parroquias de primeira e parroquias de segunda (ou simplemente as había e nin se lles escoitaba) nas que os intereses da xente pouco importaban e sí as dos poucos que pretendían valerse dun determinado “rango” ou “amiguismo” para conseguir as poucas cousas que logo acabarían caendo en saco roto.

Quen non recorda, ter que ir a Santiago, para poder ver unha obra de teatro, para ter que ir a mercar á praza de abastos productos ecolóxicos e de calidade, ir a ler ou estudar a centros habilitados para elo, ter que xuntarse en garaxes ou jalpóns, mesmo para os ensaios musicais… facer ximnasia de mantemento, etc…?

Sí. Certamente, os tempos de antes eran moi bos, que dúbida cabe… as especulacións urbanísticas estaban á orde do día e a ninguén lle importaba, porque tampouco se informaba de como se facían as cousas e canto supoñía iso das arcas do concello, canto quedaba nelas, e canto quedaba nos petos dos presuntos especuladores. A ninguén lle importaba.

Tampouco importaba que non houbera axudas de ningún tipo, nin para estudos, nin para transportes. Daba igual. O importante era ter unhas festas marabillosas onde abondara a comida e a bebida ante todo e que logo voltaramos para as nosas casas felices e co bandullo cheo mentras os petos duns medraban e os doutros baixaban...

Pedíanse subvencións á deputación para arranxar un campo de fútbol (de interese xeral para toda a veciñanza, quen van en silla de rodas ou os maiores de 70 íano desfrutar moitísimo) de 300.000 euros (que antes eran millóns de pesetas) que logo só custaría 150.000 euros o arranxo, e o resto xa non se sabía para onde ía...

Aqueles tempos onde se coidaba certamente ás nosas persoas maiores, con ximnasia de mantemento, menos naqueles lugares onde as mesas electorais non eran propicias e se lles condeaba coa fin do servizo sen ningunha explicación. Ou onde se construían a rabiar pisos e máis chalets pero non se tiña, para nada, en conta o abastecemento ou a depuración das augas duns estudos que nunca se fixeran antes porque era perder uns cartos que tampouco eran precisos reinvertir máis que nos que gobernaban.

Por aquel entón, o máis que se sabía era o que pasaba nas casas do redor ou o que se contaba na misa os domingos, porque medios había os que había e tampouco é que fixeran falta máis… para que? se todo iba fenomenalmente…

E se denotan certo resquemor e certo grao de ironía nas miñas palabras, están no certo. Están cargadas de ironía xa que, nos tempos onde outros nos queren levar, xa non se pode estar, é máis, non se debe estar. Principalmente porque eran os tempos dos saqueos nas institucións, dos proxectos políticos do amiguismo e o enchufismo. Os tempos nos que a xente tiña e ía vivindo, co que non era necesario dotalos de servizos públicos, nin de cultura, nin de información, nin de educación de calidade gratuíta, á vista de algúns, que só se centraban en medrar urbanísticamente indiscriminadamente ó mesmo tempo que o facía a débeda do Concello e os cartos nos seus petos.

Tal é así que, vendo que eses tempos de bonanza se lles terminaban, tentaron ampliar un contrato da auga a 20 anos, sen pensar para nada na veciñanza e sí no que podían haber tido pactado con anterioridade con alguén para que os seus petos seguisen sendo o que eran.

Pero claro, agora veñen e nos din que todo está mal. Que Teo ten que voltar ao que era antes… é dicir, deixarnos sen bolsas de estudo e transporte (son para a escola pública gratuíta, esa que non da beneficios), limitar o uso dos comedores dos colexios, sacar a cultura do Concello como fixeron en municipios cercanos cando botaron grupos de teatro dos seus espazos porque non lles era rentable, firmar contratos con empresas suministradoras ou abastecedoras porque privatizar é o mellor para a cidadanía dicindo que vai repercutir favorablemente para os veciños e veciñas cando isto é totalmente o contrario xa que unha empresa privada o que vai a facer é sempre buscar beneficios, custe o que custe… asfaltarán moito e taparán moitos furanchos, iso sí, porque lles parece pouco o xa asfaltado que está un concello que, precisamente, o bonito e o que se debería explotar del é a beleza da súa paisaxe natural.

Convertirían os espazos de estudo nun clube de lectura onde habería que pagar por ler. Habería que ver que parte dos orzamentos irían destinadas a fins sociais e que parte ás igrexas do concello… cartos, estes últimos, dos que se perdería o rastro por completo, por suposto… As iniciativas veciñais coma o banco de alimentos, o roupeiro municipal, o de libros, etc… pasarían polo rodillo de capitalizalos dalgunha maneira e deixarían de ser elementos de garantía de vida para toda a veciñanza para que pasasen a selo duns poucos…

En definitiva, se queremos avanzar como Concello, avanzar en termos de veciñanza, en termos de convivencia, de cooperación, de ter un Concello de tod@s e para tod@s, non creo que voltar ao pasado sexa o mellor dos camiños. Porque xa houbo un tempo no que fomos conscientes de que nas institucións, ou se contrataba por enchufe, ou se facían chanchullos para facer urbanizacións, ou se escondía cada gota de traballo que alí se facía e que a veciñanza ten dereito a saber e coñecer.

Se queremos eses tempos nos que a propiedade do Concello era de dúas ou tres persoas e o resto simplemente vivimos ou pasábamos por alí… eu non os quero, sinceramente.

Eu prefiro centrarme no presente e melloralo para o futuro. Eu prefiro unha institución onde todas e todos nos sintamos partícipes das decisións, onde saibamos en todo momento que e como se están a facer as cousas, onde se prime a veciñanza e a cooperatividade ante a competitividade. Onde se avance en función dos tempos que corren, pero sen perder a fronte de que os servizos sociais e os servizos básicos deben estar garantidos. Na que o gasto do concello repercuta no concello, remunicipalizando todos os servizos que sexan posibles e no que a cultura se siga coidando e no que as ofertas de ocio non teñan que envexar ás grandes superproduccións que só están ao alcance duns poucos.

En definitiva, se queremos avanzar e non retroceder, a opción está clara. Só agardo que non nos deixemos levar polo estado de pasotismo e permisividade que tanto tempo levamos arrastrando e que por fin saibamos diferenciar quen son os que prometen para logo recortar, desinformar e transformar de verdade á veciñanza en “cidadáns de primeira” e “cidadáns de segunda” da xente que realmente quere traballar porque as cousas se fagan con sentido e lóxica, que se prime o ben común por diante de intereses persoais ou comerciais, e que mire de verdade polo benestar do Concello enteiro e da xente que nel vive.

Iván Tourís

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page