Uxía Lemus comprométese na loita contra a pobreza
- POLÍTICA | RSR | Agrupación socialista de Teo
- 29 abr 2015
- 1 Min. de lectura
A candidata socialista á alcaldía de Teo asinou o “Compromiso coas persoas”, da Rede Galega de loita contra a pobreza

Con esta sinatura, o PSdeG – PSOE de Teo fai “toda unha declaración de intencións e compromisos coa inclusión social, de loita contra a pobreza, e coa transparencia e rendición de contas”, segundo palabras da propia formación.
Os datos da plataforma contra a pobreza reflicten que no municipio teense o porcentaxe de poboación en risco de pobreza no ano 2.012 ascendía ao 19,91%, o que supón unha cifra de 3.674 persoas das 18.454 empadroadas ese ano en Teo.
Para evitar esta situación, a concelleira socialista propón implantar cláusulas sociais na contratación pública, “recoñecendo a experiencia e valores das organizacións non lucrativas e asegurando que operen en igualdade de condicións con outros actores económicos”.
Lemus comprométese tamén coa Transparencia e a Rendición de contas a través “do establecemento dun mecanismo de publicidade e rendición de contas de carácter público e accesible”.
Comments