O BNG de Teo organiza unha marcha pola seguridade viaria e a humanización
- POLÍTICA | MLC | BNG de Teo
- 4 may 2015
- 1 Min. de lectura
A marcha, que se organizou co fin de denunciar o grave problema da seguridade viaria en Teo, tivo lugar o pasado sábado 2 de maio

O BNG de Teo vén denunciando que un dos principais problemas de Teo é a ausencia de seguridade viaria. Diante disto, a formación nacionalista presentou propostas no Concello entre as que destacan a elaboración dun Plan de seguridade viaria e de humanización integral e de carácter estratéxico para converter Teo nun concello para vivir.
Para presentar a proposta do Plan de seguridade viaria e a aposta pola humanización, o BNG de Teo organizou un recorrido simbólico entre Solláns e Vilar de Calo, no que participaron membros da candidatura do BNG-Asembleas Abertas e veciños e veciñas, e onde se evidenciou o absoluto risco co que camiñan as veciñas e veciños de Teo polos
O candidato á alcaldía, Manuel Anxo Fernández Baz, destacou que “é preciso apostar de maneira decidida pola humanización, por gañar espazos para as persoas”, neste sentido amosou o seu compromiso a traballar no obxectivo de “converter Teo nun concello para vivir, un concello da xente e para a xente.”
Comentarios