O PP de Teo apostará pola ampliación das prestacións de servizos sociais
- POLÍTICA | MLC | PP de Teo
- 4 may 2015
- 1 Min. de lectura
O líder dos populares de Teo reuniuse coa conselleira de Traballo e Benestar para revisar as liñas de actuación na área de benestar

Dende o Partido Popular de Teo manifestan a súa decisión en negociar coa Xunta a ampliación das prestacións de servizos sociais de proximidade co obxectivo de mellorar as actuacións relacionadas coa atención á dependencia en Teo. Neste contexto, José Manuel Guerra vén de celebrar unha xuntanza coa conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, na que se revisaron as diferentes liñas de actuación do departamento na área de benestar.
Ampliar o Servizo de Axuda no Fogar, SAF, de xeito que sexa maior o número de persoas beneficiarias está entre as prioridades. Guerra considera que esta prestación levada a cabo nos domicilios por profesionais especializados na atención á terceira idade é un factor determinante na calidade de vida e na autonomía das persoas maiores “por canto asegura a realización das actividades básicas da vida diaria e atencións de carácter doméstico, posibilitando a permanencia no seu domicilio e na súa contorna, evitando o desarraigo de ter que abandonar o seu fogar”.
Comments