Óscar García Ramos gaña a V edición do Certame de Poesía María Mariño
- CULTURA | MLC
- 5 may 2015
- 1 Min. de lectura
Pola súa parte, Teresa Iglesias gañou o segundo premio do certame organizado por Teenses pola Igualdade

O xurado do certame, composto por Alfredo Conde, Marisol López, Juana Corsina, Paula Carballeira e Javier Crespán deu a coñecer aos premiados na quinta edición do Certame de Poesía María Mariño que organizou a asociación Teenses pola Igualdade.
Óscar García Ramos, coa súa obra "Ubicuidade e ucronía" conseguiu gañar o primeiro premio dotado con 300 euros, mentres Teresa Iglesias foi galardoada co segundo premio de 200 euros.
Óscar García é natural de Bergondo e traballa como profesor no IES Francisco Aguiar de Betanzos. Xa publicou un conto literario adicado a súa filla Mariña e tamén gañou o premio da VI edición de Relatos Ciencia que conta na categoría de público xeral, coa obra "Crónicas dunha ascensión".
Comments