top of page

Alberto San Juan chega ao auditorio da Ramallosa este venres

  • CULTURA | MLC | Chévere
  • 6 may 2015
  • 2 Min. de lectura

O actor representará a obra "Autorretrato de un joven capitalista español" este venres ás 22:00 horas no auditorio da Ramallosa

Cartel

O actor Alberto San Juan, membro fundador da compañía Animalario e máis coñecido pola súa participación en filmes como "Airbag", "El otro lado de la cama" e "Bajo las estrellas", estará este venres 8 de maio ás 22:00 horas no Auditorio da Ramallosa, en Teo co seu espectáculo "Autorretrato de un joven capitalista español".

A obra prográmase como parte do programa de residencia de Chévere en Teo, que inclúe unha mostra do traballo de compañías teatrais coas que se mantén relación de colaboración e intercambio. As entradas pódense mercar xa en redenasa.tv , no café SCQ (Santiago), Panificadora San José (Cacheiras), A Santa Sede (Ramallosa), A Senra (Pontevea) e A Capilla (Calo).

"Autorretrato de un joven capitalista español" é un monólogo no que Alberto San Juan fala do seu país desde o ano do seu nacemento en 1968 até hoxe. Aportando numerosos datos, nomes propios e datas, o actor dá un repaso á Transición, ás súas arraigadas raíces no franquismo, á monarquía juancarlista, ao ascenso do PSOE ao poder e á progresiva privatización dos servizos públicos para entender como chegamos á crise actual. O actor non fala desde a ira nin a carraxe, senón desde a ironía, ríndose publicamente de sí mesmo, do mundo privilexiado do famoseo que rodea ao cine e ao que el mesmo pertenceu ata que a crise o "espertou". Unha peza sincera e moi honesta dun actor que foi parte da compañía Animalario e máis coñecido pola súa participación en filmes como "Airbag", "El otro lado de la cama" e "Bajo las estrellas", filme co que gañou o Goya ao mellor actor.

Aquí podes ver un tráiler da obra:

 
 
 

Kommentit


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page