top of page

José Manuel Guerra rexeita participar no debate público entre os candidatos á alcaldía

  • POLÍTICA | MLC | PSdeG de Teo
  • 6 may 2015
  • 2 Min. de lectura

O líder dos populares de Teo rexeitou publicamente participar nun debate entre os candidatos á alcaldía de Teo

Conversa entre a candidata socialista e José Manuel Guerra

Tras reiteradas comunicacións por parte dos Socialistas de Teo ao candidato popular José Manuel Guerra para a celebración dun debate entre candidatos, onte e vía Facebook, este rexeitou a súa participación, sinalando que: “Considero, con toda a miña humildade, que a imaxe dunha disputa entre políticos nun escenario como ocorreu en moitos plenos non é a máis edificante para as veciñas e os veciños”.

Uxía Lemus, candidata dos socialistas á alcaldía, e quen propuxo a celebración do debate, amosou a súa sorpresa ante a resposta do líder dos populares, xa que "un debate público entre os candidatos á Alcaldía de Teo, e aberto ás preguntas dos veciños, non pode ser cualificado nunca nin como unha disputa entre políticos nun escenario nin como pouco edificante".

Lemus, tamén mediante as redes sociais, dirixíase ao candidato popular sinalando que “cada un ten a súa forma de entender a confrontación de proxectos e ideas, e xa vexo que non compartimos nin o fondo nin as formas do que debe ser a relación entre os representantes públicos coa cidadanía”.

Na mesma resposta, Lemus confirmaba unha reunión cos demais candidatos este venres 8, ás 17 horas, a fin de fixar os termos do debate de forma consensuada, e invitou a Guerra a cambiar de opinión e asistir a esta reunión.

A candidata socialista sinalou ademais que “tras o rexeitamento un tanto sinuoso de Guerra a participar en un debate aberto e público, despréndese que estas novas formas de facer política non son compartidas polo candidato popular, para quen o debate se reduce a unha disputa pouco edificante entre políticos nun escenario.”

Os socialistas de Teo propuxeran a celebración deste debate o pasado mes de febreiro, co obxectivo de confrotar os diferentes programas electorais e expoñelos fronte a veciñanza, quen tería ademais unha quenda para intervir no debate.

 
 
 

Comentarios


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page