O Concello de Teo incrementa con 6.300 euros o orzamento destinado a axudas para estudos e transport
- POLÍTICA | RSR
- 6 may 2015
- 1 Min. de lectura
A partida alcanzará a cantidade final de 41.300 euros, cos que o Concello ten o obxectivo de “cubrir as necesidades do alumnado”

O Concello de Teo incrementa en 6.300 euros a partida orzamental dispoñible para as axudas a estudantes do municipio.
Con esta medida, publicada no BOP do 28 de abril, modifícanse as bases da convocatoria de axudas para o ensino e o transporte do Concello de Teo para este presente curso escolar. Está previsto que, con esta modificación, o orzamento chegue até os 41.300 euros, que se adicarán a “fomentar a escolarización pública das familias con menos recursos” do municipio.
Esta convocatoria anual de bolsas conta, ademais, con dúas modalidades para a subvención do material escolar ou o transporte, sendo as primeiras de 100 euros para Educación Infantil, Primaria, ESO, PCPI e para alumnos con necesidades educativas especiais; de 150 euros para Bacharelato e F.P e de 200 euros para universitarios ou alumnos de ensinazas artísticas superiores.
En canto as axudas ao transporte, estas variarán en función da distancia entre a vivenda e o centro educativo, aínda que quedan estipuladas as cantidades de 100 euros para as persoas que se despracen a centros situados en Santiago de Compostela e de 200 euros para aqueles cuxos centros estean ubicados fóra da capital galega.
Comments