top of page

Os d'Abaixo actúan este sábado no auditorio da Ramallosa

  • CULTURA | MLC
  • 7 may 2015
  • 1 Min. de lectura

O grupo musical ofrecerá este sábado un concerto no auditorio da Ramallosa, a partires das 22:30 horas

Cartel

Os d’Abaixo apareceron no ano 2010 co obxectivo de promover e animar bailes e festas tradicionais na contorna de Santiago de Compostela. O seu repertorio recolle algunhas das pezas populares máis coñecidas da música galega xunto con novas achegas de fontes tradicionais ou de nova composición.

Este grupo musical galego quere ofrecer unha escolma de música cargada de forza e enerxía que leve ao baile e á foliada ao xeito de antes. Son un grupo no que se atopa xente que toca por afección e leva toda a vida vencellada ao folclore galego, xunto a músicos profesionais de gran traxectoria en bandas como Berrogüetto ou Fía na Roca.

Os d'Abaixo está formado por Richi Martín (percusión), Xacobe Varela (gaita, bouzouqui e voz), Xosé Ramón Vázquez (acordeón), Gonzalo Goas (guitarra acústica e voz), Quim Farinha (violino) e Roberto Rama (gaita, saxofón e low whistle).

No concerto, que terá lugar o vindeiro sábado 9 ás 22:30 horas no auditorio da Ramallosa, o grupo presentará os temas do seu primeiro disco "Ao vivo en Lorient". A entrada ao concerto é gratuíta.

Aquí podes escoitar "Mazurca dos Campaneiros", de Os d'Abaixo:

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page