top of page

Guerra ratifícase como a única alternativa fronte a un goberno de pactos

  • POLÍTICA | MLC
  • 8 may 2015
  • 2 Min. de lectura

O PP de Teo iniciou a súa campaña electoral cun acto no pavillón dos Tilos, no que interviron José Manuel Guerra e o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo

Imaxe: MLC

O acto de apertura de campaña do PP de Teo, ao que asistiron preto de trescentas persoas, comezou cun minuto de silencio como símbolo de loito polo asasinato da ourensá María Isabel Fuentes, recente vítima da violencia de xénero.

De seguido, José Manuel Guerra comezou a súa intervención salientando a "eficacia" das políticas de Núñez Feijoo, que deben ser "o modelo a instaurar en Teo". Ademais, Guerra sentenciou que os teenses "precisan dun goberno, non de tres" e criticou ao partido de Rafael Sisto, xa que "din que son de Teo pero non saben nin de onde son. Primeiro chamábanse dun xeito, logo doutro e agora xa non saben nin quen son".

Guerra manifestou ademais algunhas das medidas que executará se chega ao goberno, como a creación dun centro de día para persoas maiores, que estaría ubicado entre Os Tilos e Cacheiras, aproveitando algún edificio existente e en desuso. Por outro lado, o candidato popular destacou o seu compromiso na posta en marcha dun plan xeral de conciliación familiar e laboral, "para que as parellas novas atopen vantaxes e facilidades para residir en Teo" e tamén anunciou a creación para a mocidade "dunha liña de prácticas en empresas do municipio, para que os estudantes e as persoas que están na procura de emprego poidan coñecer a realidade empresarial e facilitar a súa incorporación ao mercado laboral".

O líder do PP de Teo rematou a súa intervención ratificándose como a única alternativa fronte a "microgobernos, bipartitos ou tripartitos, cheos de pelexas internas, tiras e afloxas, que ao final pagamos todos os veciños" e sentenciou con que Teo precisa dun "goberno dunha soa peza, forte, estable, creible; non un goberno feito de remendos”.

Pola súa parte, Alberto Núñez Feijoo asegurou que a candidatura do PP de Teo se presenta "para seguir as ordes dos cidadáns" e criticou ás demais formacións sinalando que "son unha ensalada que ten o obxectivo de que non goberne o PP", xa que, segundo Feijoo, "o único que lles interesa é se Guerra consigue ou non a maioría absoluta, para gobernar eles". Así mesmo, o presidente galego reivindicou ao Partido Popular como a única alternativa fronte aos ERE, fronte aos que non queren pagar a débeda, e fronte aos que buscan impoñer o seu xeito de pensar cando a xente o que quere é pensar por sí mesma.

Feijoo rematou a súa intervención aludindo a Martiño Noriega, xa que "hai a quen xa non lle motiva Teo" agás "para seguir cobrando mentres fai campaña en Santiago, pero aquí temos a Guerra, un home que segue a traballar en Teo para as duras e as maduras".


 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page