Un 30% dos teenses non ten decidido o seu voto | Enquisa E-Municipais 24M
- POLÍTICA
- 11 may 2015
- 2 Min. de lectura
Esta enquisa foi realizada a 347 teenses, entre os días 27 abril e o 8 de maio. Os datos que se mostran son de "intención de voto directo".
O PP de Teo gañaría as eleccións co seu resultado máis baixo da historia, despois de oito anos fóra do goberno local, aínda que perdería até sete puntos porcentuais en canto aos resultados obtidos en 2011. Ademais, a enquisa prognostica unha ampla abstención, xa que un 30% dos enquisados non ten determinado o seu voto, nin se votará, factor que podería outorgarlle á formación de José Manuel Guerra entre 7 e 8 escanos.
Pola súa banda, a escisión do BNG e ANOVA fai que o Bloque acuse un desgaste pronunciado, pasando dun 46% dos votos en 2011 a só obter un 5,8% dos sufraxios, que se transformarían en 1 ou 2 escanos.
ANOVA sería a segunda forza máis votada obtendo o 21,6% dos votos, acadando entre 5 e 6 representantes.
En canto ao PSdeG-PSOE, pasaría de reunir o 8,5% dos votos de hai catro anos, a obter un 12,1% de apoios. Xa que logo, a formación de Uxía Lemus aumentaría a súa representación no Concello con 2 ou 3 edís.
> Porcentaxe de voto:

> Escanos segundo resultado:

> Intención de voto por idade:

Os resultados desglosados segundo a idade das persoas enquisadas mostran a ampla indecisión dun tercio das mesmas. O colectivo máis indeciso e propenso á abstención é o das persoas de entre os 18 e os 30 anos.
A mostra está recollida sobre a consulta telefónica de 347 cidadáns e cidadás teenses. Diversidade do universo 50%. Marxe de erro +-5%. Nivel de confianza 95%.
Comments