top of page

A compostaxe e a redución da taxa do lixo, puntos clave do programa do PSdeG- PSOE de Teo

  • POLÍTICA | RSR | PSdeG de Teo
  • 12 may 2015
  • 1 Min. de lectura

Os socialistas teenses apostan por Teo Sostible, un concepto integrador

Imaxe: PSdeG de Teo

O Partido Socialista de Teo, presenta como algúns dos puntos fundamentais do seu programa electoral a fomentación da compostaxe e a redución da tasa do lixo nos casos en que a compostaxe sexa eficiente, apostando así por un concepto integrador como é Teo Sostible, no que participaron diversos equipos multidisciplinares e que facilitará o acceso á financiación da Unión Europea para a posta en marcha de diferentes actuacións no campo do desenvolvemento sostible.

Dende o PSOE de Teo, aseguran que en primero lugar, fomentarían a compostaxe "coa entrega de composteiros e formación para a cidadanía sobre esta forma de tratamento dos residuos”, o que irá acompañado da redución do déficit anual no servizo do lixo, cunha “modificación da ordenanza fiscal para que se inclúa unha redución da taxa do lixo nos casos dunha eficiente compostaxe”.

O Teo Sostible incluirá ademais programas de educación infantil e prevé a “creación de microhortas urbanas para os escolares”. Por último, entre outras das medidas deste proxecto, estará a eliminación de verteduras, “loitando tanto contra as de orixe privada, pero sobre todo as de orixe pública, especialmente, as procedentes da instalación municipal dos Verxeis ao río Tella, unha vertedura vergoñenta que xa se prolonga desde o ano 2010”.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page