top of page

O PP de Teo acusa ao goberno local de perder unha subvención

  • POLÍTICA | MLC | PP de Teo
  • 12 may 2015
  • 2 Min. de lectura

O Concello anuncia que interporá un recurso contencioso administrativo contra a decisión da Xunta, por rexeitar o proxecto que presentaron un día despois de ficar o prazo

Agader

A formación encabezada por José Manuel Guerra denuncia que o Concello de Teo perdeu 82.200 euros dunha subvención de Medio Rural, destinada á reparación de camiños rurais, por presentar a solicitude fóra de prazo. Guerra sinalou que «De xeito diario, o goberno local está a queixarse do trato recibido pola Xunta e agora soubemos que as axudas non se perden polos motivos que alegan, pérdense pola desidia de Rafael Sisto, que non entrega os papeis en tempo e forma».

Pola súa parte, o Concello de Teo anuncia que interporá un recurso contencioso administrativo ante a decisión da Xunta, por rexeitar o proxecto que o consistorio presentou un día despois de ficar o prazo.

Segundo o Concello, este retraso é debido "ás propias esixencias de modificación de proxecto indicadas polos técnicos da Xunta de Galicia e nas que se traballa naqueles días para poder entregar a documentación acorde ao solicitado". Ademias dende o Concello anuncian que Medio Rural “denega unha axuda a un concello amparándose nun incumprimento de prazos cando é ela mesma quen incumpre os propios prazos da súa convocatoria de 20 de novembro na que se aproba o Plan Marco: Programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2014-2015, financiado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER)”.

Dende o consistorio conclúen sinalando que non se entende o rexeitamento da subvención “cando se trata de fondos finalistas para o Concello que non se adxudican en concorrencia competitiva polo que non se lle van a detraer a ninguén, simplemente a Xunta vai deixar sen executar en Teo” e acusan ao PP de Teo de que "a filtración deste asunto en campaña electoral deixa claro que se trata dunha manobra política para sacar rédito electoral”.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page