top of page

Teo, Brión e Oroso presaxian a morte do transporte metropolitano coa ampliación da Xunta

  • POLÍTICA | MLC
  • 12 may 2015
  • 2 Min. de lectura

Anxo Rey, edil de Transportes do Concello de Teo, José Luis García, alcalde de Brión, e Manuel Mirás, alcalde de Oroso, manifestaron a súa disconformidade coas ampliacións do servizo que pretende facer efectivas a Xunta

Imaxe

Os alcaldes de Brión, José Luís García, de Oroso, Manuel Mirás, e o edil de Transportes de Teo, Anxo Rei, explicaron esta mañá publicamente a súa posición contraria á proposta da Dirección Xeral de Mobilidade dunha nova ampliación do Convenio do Transporte Metropolitano de Santiago.

A Xunta de Galicia pretende aprobar a adhesión ao plan dos seguintes concellos: Ordes, A Baña, Padrón, A Estrada, Vila de Cruces e Carballo. Os tres representantes municipais destacaron que “non estamos en contra dos intereses lexítimos destes concellos de beneficiarse dunha política tarifaria concreta”. Sen embargo os tres Concellos, Brión, Oroso e Teo, que supoñen o 44% da poboación do Convenio orixinal asinado no 2006, coinciden en que “os problemas do transporte metropolitano na área de Santiago continúan sendo os mesmos que no 2006”.

Os tres representantes tamén foron moi críticos acusando á Xunta de falsear "os datos e falar de incremento de investimento no transporte metropolitano cando ese incremento non é na mellora do servizo e en todo caso será en ampliacións ou na creación de novas áreas metropolitanas”.

Anxo Rei tamén explicou que “os únicos instrumentos que se plantexaron nalgún momento no marco do convenio que nos resultaron de interese, as liñas interiores e os servizos de interese metropolitano, foron eliminadas ou ralentizadas por Mobilidade amparándose precisamente nunha falta de orzamento”. De xeito moi concreto, Teo leva cinco anos con dúas liñas interiores deseñadas e máis dun ano cun compromiso orzamentario aprobado en pleno para a posta en funcionamento dese servizo “e a única resposta da Xunta son trabas burocráticas para a súa posta en marcha”.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page