top of page

O Concello de Teo celebrará o Día das Letras Galegas cunha velada literaria e musical

  • CULTURA | MLC | Concellaría de Cultura
  • 14 may 2015
  • 1 Min. de lectura

A velada terá lugar o vindeiro domingo 17, Día das Letras Galegas, a partir das 18:00 horas no auditorio da Ramallosa

Xosé Filgueira Valverde

Segundo informan dende o Departamento de Cultura do Concello de Teo, dirixido por Carme Hermida, xa teñen pechado o acto co que se celebrará o Día das Letras Galegas deste domingo 17. Como en anos anteriores, tratarase dunha velada con participación do movemento asociativo e da sociedade civil. Concretamente varios grupos tradicionais e xornalistas naturais ou residentes en Teo estarán este domingo no CSC da Ramallosa dende as 18:00 horas para lembrar a figura de Xosé F. Filgueira Valverde, autor homenaxeado neste 2015.

Esta velada literaria e musical contará coa presenza da Banda de Música Cultural de Teo, o grupo de baile da Pontevella “A Telleira”, o grupo de cantareiras “Areliñas” da SR de Calo, a banda de gaitas AC A Mámoa, as cantareiras da AC Rosalía de Castro e o grupo de canto Aleceia.

Ao longo do acto os xornalistas Alberto Freire, Inés Dopazo, Xosé Manuel Vega e Carmen Lourido lerán contos de Xosé F. Filgueira Valverde.

Ademais, dende o consistorio informan de que o mesmo domingo 17, ás 12: 00 horas, está programada unha actividade relacionada coa festa das Letras dirixida a un público familiar. Na Casa Común dos Tilos, Eduvía Xestión presentará a actividade “Imos xogar con Xosé Filgueira Valverde” dirixida a nenos e nenas de 4 a 12 anos. Nesta actividade, os rapaces e as rapazas descubrirán a orixe e significado do Día das Letras achegándose á obra dos autores e autoras homenaxeados ese día, en especial á de Xosé Fernando Filgueira Valverde, protagonista este ano.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page