Buscar
Os socialistas de Teo organizan unha andaina para reivindicar máis seguridade na N-550
- POLÍTICA | MLC | PSOE Provincial de A Coruña
- 14 may 2015
- 1 Min. de lectura
A andaina contou coa presencia de José Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral do PSdeG, e Uxía Lemus, voceira do PSdeG de Teo e candidata á alcaldía

Esta andaina reivindicativa, que tivo lugar na tarde do pasado mércores 13 de maio, "chega despois de presentar emendas aos orzamentos do Estado e varias iniciativas no Senado que non serviron para nada, malia que os veciños reivindican melloras na N-550, moi perigosa a día de hoxe”, segundo sinalaba Uxía Lemus.
Pola súa parte, Besteiro quixo lembrar con respecto ao mal estado da N-550, que “é responsabilidade do concello e do resto das administracións, e a conservación xeral das estradas nacionais por parte de Ministerio de Fomento foi desatendida desde hai tres anos e medio”.
Comentários