top of page

O Salón de Plenos acolle mañá o debate entre os candidatos á alcaldía, coa ausencia de Guerra

  • POLÍTICA
  • 15 may 2015
  • 1 Min. de lectura

O encontro terá lugar mañá sábado 16, ás 12:00 horas, e será aberto ás preguntas da cidadanía

O salón de plenos do Concello de Teo acolle un debate entre tres dos catro cabezas de lista ás eleccións locais do 24 de maio. O encontro será mañá sábado 16 de maio ás 12:00 horas no salón de plenos municipal e dende as formacións políticas animan á cidadanía a asistir e participar coas súas preguntas e suxestións. Este debate retrasmitirase por streaming dende a web municipal premendo no banner "En directo" que aparece na marxe dereita da páxida de inicio de teo.gal.

O encontro contará coa presenza de Manuel Anxo Fernández, candidato á alcaldía do BNG-Asambleas abertas, Uxía Lemus, candidata á alcaldía do PSdeG-PSOE e de Rafael Sisto, candidato á alcaldía por SondeTeo-Anova. O candidato do Partido Popular, José Manuel Guerra, decidiu non participar neste debate alegando que "a imaxe dunha disputa entre políticos nun escenario, como ocorreu en moitos plenos, non é a máis edificante para as veciñas e os veciños".

Segundo está previsto, os acaldables realizarán unha intervención inicial de dez minutos na que farán unha exposición das liñas principais do seu programa de goberno. A continuación abrirase unha quenda para as preguntas do público asistente.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page