Buscar
"Dezasete de maio", poema de Josefa Costa
- Recuncho do lector | Josefa Costa
- 17 may 2015
- 1 Min. de lectura
"Dezasete de maio", poema de Josefa Costa
Hoxe día das letras galegas
eu quixera ser poeta,
poeta da rúa.
Sen verbas fermosas,
sen cantos de gloria.
Ser metro e medir quixera
as grandes fortunas.
Ser rima alegre quixera
dos nenos e nenas
que nacen na zona escura.
Cos versos que berren
palabras caladas
da xente que chora.
Que rompan murallas.
Que abran fronteiras.
Que a pluma escriba no aire
voces de empatía e tenrura
e que pingue a tinta
pintando de novo as rúas.
Hoxe día das letras galegas
eu quixera ser poeta,
poeta da rúa.
Que dela nacesen as verbas fermosas
Que nela cantases os nenos da terra
collidos da man baixo o mesmo ceo
cánticos de gloria.
Comments