Sisto: "Guerra é o cabalo de Troia que o PP utiliza para meter en Teo á dereita pura e dura&quo
- POLÍTICA | RSR | SONdeTEO-ANOVA
- 19 may 2015
- 1 Min. de lectura
Dende a candidatura de SONdeTEO-ANOVA chaman á cidadanía a “pelexar polo que tanto custou mudar” o vindeiro 24 de maio

A agrupación política SONdeTEO – ANOVA continúa a súa andaina electoral celebrando actos nas diferentes parroquias do Concello, dos que a formación fai unha cobertura, a tempo real, nas súas redes sociais.
Segundo a formación encabezada por Rafael Sisto, tanto os militantes, simpatizantes, coma os diferentes candidatos, están convencidos “da necesidade de informar para que a veciñanza se implique” no seu proxecto, un proxecto que aseguran que é “de tod@s” e co que o candidato á alcaldía insta a “pelexar polo que tanto custou mudar”.
Asemade, dende SONdeTEO – ANOVA afirman que son “unha opción amplamente maioritaria, capaz de competir co electorado fiel do PP”, partido do que salientan o seu “desprezo” aos cidadáns, baseándose nas palabras do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, no mitin de apertura da campaña electoral celebrado nos Tilos, onde Feijoo prometía un centro de día en Teo, cando ese centro xa ten asignada dende o ano 2008 unha parcela para a súa construción, pero cuxo avance, denuncian, está freado pola propia Xunta.
Este feito, aseguran, converte a José Manuel Guerra “nun home de palla, nunha marioneta, o cabalo de Troia que utiliza o PP para meter en Teo á dereita pura e dura”.
Comments