Discreta actuación das karatecas do CSF Teo no Campionato de España de Clubs
- DEPORTES | MLC | Club San Francisco Teo
- 20 may 2015
- 1 Min. de lectura
O equipo das katarecas do Club San Francisco Teo non puido pasar da primeira ronda ao ser derrotado polo Calahorra da Rioxa cun marcador de 2-1

O equipo do Club San Francisco Teo, integrado polas karatecas Ruth Lorenzo Couso, Nerea Bellido Echebarrieta e Carlota Fernández Osorio, tivo unha discreta actuación no Campionato de España de Clubs que se celebrou a pasada fin de semana na localidade de Leganés.
As karatecas do equipo teense foron derrotadas na primeira ronda ante o Calahorra da Rioxa por un marcador de 2-1, equipo que se alzou finalmente coa medalla de bronce. Malia a derrota, as deportistas teenses deron mostras do seu alto nivel o que fai pensar que en futuras edicións poden ocupar lugares de privilexio nesta importante competición, que contou coa participación de preto dun milleiro de karatecas pertencentes a clubs de toda a xeografía española.
Dende o Club teense reflexionan ante o pobre resultado xa que "no deporte, ao igual que en todos os ámbitos da vida, unhas veces gáñase e outras veces toca perder, aínda que sempre sacando conclusións que nos fagan mellorar".
Comments