top of page

ARCOSTILOS abre o prazo de inscrición para os Campamentos de verán 2015

  • ASOCIACIÓNS | MLC | ARCOSTILOS
  • 23 may 2015
  • 1 Min. de lectura

O prazo de inscrición nos campamentos de verán en ARCOSTILOS remata o 18 de xuño

Cartel ARCOSTILOS

A Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos vén de anunciar a súa oferta de Campamentos de verán 2015, que este ano veñen "cargados de novidades e novas propostas atendendo a unha maior conciliación familiar, laboral e persoal, así como reforzo educativo".

Dende ARCOSTILOS informan ademais de que ofrecerán unha horario continuado, de 7:30 a 20:30 horas, excepto o mes de agosto no que só haberá horario de mañá, de 7:30 a 15:30 horas.

As diferentes modalidades de campamentos son:

- X Campamento de Xuño: Comeza o verán nos Tilos. Nados a partir do 2012.

- XIII Campamento Infantil: Un verán distinto... un verán nos Tilos (de mañán). Nados entre o 2012 e 2006. - VIII Campamento Xuvenil: Pasiño a pasiño. Nados a partir do 2005. - III Campamento Expedición Tilos: Campamento de tarde. Nados entre 2012 a 2001.

- X Campamento de Setembro: Impúlsate nos Tilos. Nados a partir do 2012.

E estas son as quendas ofertadas dende ARCOSTILOS para os Campamentos de verán 2015: - Xuño: do 22 ó 30 de Xuño. - Xullo e Agosto: 1ª Quenda: 1 ao 15 de Xullo/ 2ª Quenda: 16 ao 31 de Xullo/ 3ª Quenda: 3 ao 14 de Agosto/ 4ª Quenda: 17 ao 31 de Agosto. - Setembro: 1 ata comezo do cole (*Pendente de publicación do calendario escolar). Dende ARCOSTILOS contan con un amplo abano de actividades deportivas, creativas, educativas, de ocio e tempo libre atendendo ao grupo de participantes.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page