top of page

"Breve parada", poema de Josefa Costa

  • Recuncho do lector | Josefa Costa
  • 24 may 2015
  • 1 Min. de lectura

"Breve parada"

Apéome do longo traxecto;

fatigado,

enfastiado,

rebaixado.

Hoxe é día de festa.

Espero na cola do bo destino

coa a mesma fantasia que cando neno

soñaba que o bambán chegaría ao ceo.

Na man levo o sobre branco,

dentro unhas siglas, o meu pensamento.

Dereitos cumpridos,

traballo para todos digno ,

igualdade!

libertade!.

Por unhas horas o tren permanece quedo

pero o reloxo sempre foi traizoeiro,

Se eu estou en repouso

el mide as horas lixeiro.

O sol dórmese cedo,

despunta a lúa covarde

e derrétese a cola do bo destino.

O tren secuestrado continúa a súa marcha

e limita os meus recursos ao seu destino.

As urnas quedan atrás igual que os nichos,

cheas de ilusións morrendo no esquencemento.

Breves paradas ficticias

...no meu destino.

Josefa Costa.

 
 
 

Комментарии


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page