Axustada vitoria de Rafael Sisto ante un Partido Popular que perde apoios no 70% das mesas
- POLÍTICA | MLC
- 25 may 2015
- 1 Min. de lectura
Tanto SONdeTEO coma o Partido Popular conseguen 7 concelleiros. Pola súa parte, o PSdeG aumenta a súa representación e terá 2 concelleiros, mentres o BNG só terá 1

O resultado estivo rifado até o escrutinio da derradeira mesa. Mentres Rafael Sisto acadaba éxitos no entorno urbano de Teo, José Manuel Guerra facía o mesmo no rural. Finalmente, por só 270 votos, a lista máis votada foi a do candidato de SONdeTEO-ANOVA.
O reparto de concelleiros sáldase en partes iguais para estas dúas formacións, que obteñen 7 edís. En tanto ao PSdeG, aumenta o seu número de apoios ao pasar dos 877 votos do 2011, a 1200 votos nestes comicios, o que se traduce en 2 representantes. A formación máis perxudicada coa irrupción de SONdeTEO foi o BNG, que malia conseguir 924 votos, só acada 1 concelleiro.
Rafael Sisto podería formar goberno co apoio do PSdeG
O Partido Popular precisaba unha maioría absoluta para poder gobernar en Teo, mais os cidadáns non lles prestaron os apoios suficientes para conseguila. Pola contra, a formación de José Manuel Guerra perdeu apoios no 70% das mesas en comparación cos resultados de 2011, en total 228 votos menos.
Con isto, Rafael Sisto só necesitaría un ingrediente máis na "ensalada" para formar goberno en Teo, xa que cos dous concelleiros do PSdeG chegarían aos 9 representantes, a maioría absoluta.
Commentaires