ArcosTilos fai entrega dos premios do XI Concurso de Poesía ANOMAR
- CULTURA | RSR | ARCOSTILOS
- 27 may 2015
- 1 Min. de lectura
En total, presentáronse unha vintena de obras ao concurso

O pasado 22 de maio a Asociación ArcosTilos fixo entrega dos premios correspondentes á XI do Concurso de Poesía ANOMAR. No concurso, no que participaron unha veintena de poemas, foi resuelto por un xurado, composto polas escritoras Ángela Fernández Rey, Chelo Suárez e por un representante da asociación teense.
Tras unha “ardua labor”, pola “calidade” de todos os poemas, as obras gañadoras foron “Empanada” de Sabela Rodríguez Reino, na categoría de 15 a 18 anos e “Innominado” de Eva González Blanco e “Saloucos Dourados” de Patricia Cambón Loureiro na categoría reservada para participantes de máis de 18 anos.
A categoría para nenos e nenas de entre 9 e 14 anos quedou deserta ao non recibirse ningún poema.
O certame, que se desenvolveu de forma “sinxela, familiar e con moito agarimo”, segundo palabras da propia asociación, xurdiu da “intencionalidade de unir a experiencia, o coñecemento e a importante transmisión cultural dos maiores, coa ilusión e creatividade dos máis mozos”.
Por isto, o concurso, que vai xa pola sua undécima edición, debe o seu nome a Ramona (ANOMAR ao revés), a persoa de maior idade de ArcosTilos, “unha persoa que simboliza a experiencia, a forza e a ilusión por aprender, de superarse día a día”.
Dende a asociación agradecen a súa colaboración a todas e todos os participantes e anímaos a “seguir creando poemas, que fan medrar a nosa lingua a través dos versos”.
Kommentarer