top of page

O "Club Dos Piratas e o "Club Xuvenil” de ArcosTilos participan en xornadas de convivencia

  • ASOCIACIÓNS | RSR | ARCOSTILOS
  • 27 may 2015
  • 1 Min. de lectura

Estas xornadas están destinadas ao fomento da autonomía e a independencia dos nenos e nenas

Imaxe: ARCOSTILOS

Co obxetivo de fomentar a autonomía e indepencia dos máis cativos, a asociación ArcosTilos leva a cabo o proxecto Club dos Piratas e Club Xuvenil, no que os rapaces poden acudir cada día, en horario de 16:00 a 20:30h, á asociación para facer as súas tarefas escolares.

Por outro lado, seguindo a liña principal do proxecto, durante a pasada fin de semana, trinta rapaces disfrutaron dunha xornada de convivencia, “chea de valores educativos” e onde foron protagonistas do desempeño de tarefas como facer a compra, a comida ou preparar a zona de descanso.

Ademais, levouse a cabo unha excursión até o “Tobogán de Pedra”, situado no alto de Montouto, onde os nenos puideron desfrutar dunha comida ao aire libre e de xogos cooperativos, ademais de deslizarse polo particular tobogán, que moitos non coñecían, aprendendo deste xeito “novas experiencias co que o noso entorno natural nos ofrece”.

 
 
 

Commenti


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page