top of page

Axenda Cultural de xuño

  • MLC | Concello de Teo
  • 3 jun 2015
  • 2 Min. de lectura

Entre outros eventos, o mes de xuño está marcado por unha nova edición do Galicia Woodstock e os concertos de Música nos Tilos

Cartaz

A programación cultural do mes de maio volve ter como protagonista á música, con dúas citas xa consolidadas en Teo. A primeira delas será o ciclo de concertos Música nos Tilos que oferta actuacións na casa común dos Tilos os venres 5, 19 e 26 de xuño. Por outra banda o venres 12 e sábado 13 celébrase no campo de San Domingo en Calo o Festival Revival Galicia Woodstock que este ano celebra a súa sexta edición.

Música nos Tilos arrancará co concerto da formación Xacobe Martínez Antelo Trío este venres. Este trío conta coa peculiaridade de non contar con instrumento armónico. Xacobe Martínez conta nesta ocasión con Rosolino Marinello ao saxo alto e Max Gómez na batería e neste ano está previsto que publiquen o seu novo disco. Os concertos nos Tilos comezan ás 22:30 horas e son de balde.

O venres 19 chegará a proposta de Alonso Caxade a Teo. Trátase dun artista cunha proposta elegante e sinxela, cun discurso reivindicativo, metafórico e irónico. A banda editou o seu primeiro disco no 2013 e dende entón presentan este traballo coa formación de Manu Paino na trompeta e carillón, Manu Espiño no bombardino, Xosé Tuñas na batería e o propio Alonso Caxade na voz e acordeón.

Este ano pechará o ciclo de concertos o grupo Oh Trío, formado por Antonio Bravo á guitarra, Germán Díaz na zanfona, caixa de música e serrucho musical e Diego Martín na batería. Oh Trío naceu como banda no 2008 aínda que os seus integrantes xa se coñecían e colaboraran dende outras formacións.

Ademais, outra cita musical que volta a Teo é o Galicia Woodstock que chega á súa sexta edición e que se celebrará no campo de San Domingo en Calo o venres 12 e sábado 13. Trátase dun revival do mítico festival Woodstock no que haberá música, bodas hipies, zona de acampada e actividades para os máis cativos.

Tamén atoparemos propostas culturais este mes para os máis pequenos, como a función “O Capitán Garfo” este sábado 6 ás 19:30 horas no CSC da Ramallosa, destinado a un público familiar. A entrada custa 3 euros e pódese mercar no portelo antes do espectáculo. O sábado 20, Maxín Blanco volve a Teo para presentar o contacontos musicado “Os libros encantados”, que terá lugar na Mediateca do Grilo ás 18:00 horas.

As bandas de música tamén actuarán neste mes de xuño. A banda de Teo estará o domingo 21 en Recesende e a de Calo o xoves 25 en Calo, para ofrecer concertos no mediodía.

 
 
 

Comentários


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page