A Piscina Municipal acollerá mañá máis o xoves as I Xornadas de Deporte na Rúa
- RSR | Concello de Teo
- 9 jun 2015
- 1 Min. de lectura
Haberá actividades tanto para adultos como para nenos e nenas. Para participar na maior parte das mesmas non será necesario estar abonado na piscina

Durante a tarde de mañá, mércores 10, e a do xoves 11 de xuño, terán lugar na piscina climatizada da Ramallosa as I Xornadas de Deporte na Rúa.
Entre as actividades organizadas para os máis cativos destacan os inchables, tanto acuáticos como terrestres, e as sesións de Zumba. Os adultos, pola súa parte, poderán disfrutar, entre outras actividades, do aerocombat, o ciclo indoor ou o running.
Para a asistencia a algunhas das actividades é necesaria unha inscripción previa, polo que a piscina pon á disposición dos interesados o teléfono 981 803 922 e o correo electrónico teo@aquafitgestion.com
Comments