O pavillón Ezequiel Mosquera acolle o Festival Solidario Deportivo do ANPA Río Tella
- MLC | ANPA Río Tella
- 11 jun 2015
- 1 Min. de lectura
Mañá, día 12 de xuño de 2015 o ANPA Rio Tella organiza o Festival Solidario Derpotivo no CEIP A Ramallosa e no Pavillón Ezequiel Mosquera, dende as 16:00 até as 20:00 horas

Segundo a organización, a festa está dirixida a todos os alumnos, pais, nais e persoal do CEIP A Ramallosa e os alumnos terán que ir acompañados por pais ou por algunha persoa responsable.
No Pavillón Ezequiel Mosquera terám lugar o campionato de judo e a exhibición das actividades extraescolares que desenvolveu durante este curso o ANPA Rio Tella.
O horario será o seguinte:
•16:45 Judo. Nenos nados nos anos 2007 a 2011 incluídos
•17:30 Exhibición das actividades do ANPA Rio Tella na orde: ◦Ballet – Circo – Inglés – Ximnasia
•18:30 Judo. Nenos nados nos anos 2003 a 2006 incluídos
No patio do CEIP A Ramallosa tamén se levará a cabo a exhibición de actividades para o ano que vén, e ademais os cativos poderán xogar nos inchables entre moitos outros xogos e sorpresas.
A organización tamén quere salientar que este festival ten un fin solidario con ASPAMITE e co Banco Veciñal de Alimentos de Teo, polo que solicitan aos asistentes que realicen achegas de alimentos para o Banco ou achegas para o peto de ASPAMITE.
Dende o ANPA Río Tella esperan unha participación de 300 alumnos no campionato, con alumnos de máis de dez colexios e agrupacións deportivas.
Comments