top of page

"Don't worry, be hippie", chega a Calo a sexta edición do Galicia Woodstock

  • CULTURA | MLC
  • 12 jun 2015
  • 1 Min. de lectura

Nesta edición, o Galicia Woodstock celebrarase no Campo de San Domingo, en Calo, e doará parte dos beneficios do aparcadoio ao Bando de Alimentos de Teo

Cartel do evento

Galicia Woodstock "non é un festival máis", é o Festival da Música, a Paz e o Amor. Así describen dende a organización este festival que se fai sostible grazas á axuda de moita xente e que se autoxestiona coa colaboración de voluntarios/as, músicos, técnicos e sobre todo "moita ilusión e esforzo". Para a organización do evento, “chegar a esta sexta edición do festival, custou moito e moitas ilusións, esforzos, recursos e xente que quedou polo camiño" e por iso pensan que é importante intentalo, xa que a tanto esforzo, lle chega a súa recompensa".

A entrada ao festival será de balde e a organización anima ao público a consumir os produtos que se ofertan dentro do evento, para así axudar á financiación do mesmo e a contribuír ao Banco de Alimentos de Teo.

Durante hoxe, venres 12, e mañá, sábado 13, o Galicia Woodstock contará cun recinto habilitado para a acampada libre, contará con centos de músicos amateurs e profesionais, haberá un mercado de artesanía e celebraranse vodas hippies. O evento contará ademais cun parking de pago cuxos beneficios, en parte, serán doados ao Banco de Alimentos de Teo.

 
 
 

Comentarios


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page