Estefanía Ojea González competirá na Final da Liga Nacional Feminina de fútbol americano esta fin de
- DEPORTES | RSR | CSF Teo
- 12 jun 2015
- 1 Min. de lectura
A deportista galega xoga cedida polo Club San Francisco de Teo no equipo catalán Barberá Rookies

Estefanía Ojea competirá esta fin de semana, como deportista cedida polo Club San Francisco de Teo, na Final da Liga Nacional Feminina de fútbol americano no equipo Barberá Rookies. O equipo catalán enfrontarase ao Rozas Black Demons en Calatayud o sábado 13 de xuño ás 20:30 horas.
Ademais, o partido poderá verse vía streaming no canle de Youtube da Federación Española de Fútbol Americano.
Por outro lado, a xogadora galega foi convocada polo equipo nacional con motivo da preparación do próximo Campionato Europeo Feminino que se celebrará en Macarena (Granada) do 1 ao 9 de agosto deste ano.
Dende o Club San Francisco Teo queren salientar a relevancia destas novas "pola súa relevancia a nivel deportivo, debido ao alto nivel que se chega a competir nunha disciplina minoritaria cunha traxectoria moi recente e pouco difundida na categoría feminina na nosa comunidade".
Comments