Os concelleiros electos votarán mañá ao novo alcalde de Teo
- POLÍTICA | MLC
- 12 jun 2015
- 1 Min. de lectura
O Concello de Teo convoca para mañá ás 10:00 horas o Pleno Constitutivo da nova corporación municipal

A nova corporación de Teo, elixida nas eleccións municipais do 24 de maio, reúnese mañá, sábado 13 de xuño, para a súa constitución e para a votación do próximo alcalde de Teo.
A sesión está convocada para as 10:00 horas da mañá e na mesma, o alcalde saínte, Martiño Noriega, entregaralle o bastón de mando ao novo alcalde de Teo.
Dende o Concello animan á veciñanza a asistir á toma de posesión da súa nova corporación na que terán representación o BNG (1), o PSdeG-PSOE (2), o PP (7) e Son de Teo-Anova (7).
A sesión terá lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello e coma nas sesións ordinarias de cada mes será retransmitida por streaming a través da web municipal.
Nesta sesión constitutiva, segundo establece a lei, constitúese a mesa de idade, realízase a comprobación de credencias, xuran ou prometen o cargo os/as concelleiros/as, elíxese o alcalde que toma posesión e faise o arqueo extraordinario e a comprobación do inventario de bens e dereitos.
Rafael Sisto podería ser elixido alcalde co apoio do PSdeG-PSOE
Dende o pasado 24M, todas as formacións políticas de Teo celebraron diferentes reunións para chegar a acordos de pactos. Aínda que até o pleno de mañá non hai nada confirmado, todo apunta á posibilidade dun goberno bipartito entre SONdeTEO-ANOVA e o PSdeG-PSOE.
Commenti