O mercado de alimento labrego vai de viaxe a Pontevea
- MLC
- 15 jun 2015
- 1 Min. de lectura
O mercado de alimento labrego, que continúa a súa andaina polas vilas de Teo, estará en Pontevea o vindeiro domingo 21 de xuño

Continuando coa xira iniciada o pasado domingo 3 de maio no lugar de Francos, o mercado labrego de alimentos de Teo prepara a súa próxima visita en Pontevea, ao carón da estación de servizo.
O mercado labrego de Teo emprazará os seus habituais postos de venta neste lugar de Reis, onde os cidadáns poderán aproveitar a visita deste mercado itinerante dende as 10:00 até as 14:00 horas da mañá, ademais de desfrutar da cantina na que se ofertarán diferentes petiscos e bebidas naturais.
O mercado ábrese deste xeito á cidadanía, visitando as diferentes aldeas de Teo, "para dar a coñecer a nosa filosofía de mercados, os nosos produtos e o xeito de entender a terra, para presentarnos a quen non teña a oportunidade de achegarse os sábados aos Tilos".
Aínda con isto, o mercado estará dispoñible coma tódolos sábados na parroquia dos Tilos, no seu horario de costume.
Comments